Do 13-06-2019 ao 27-06-2019
ADEGA desenvolverá as actividades do Verán Cultural da UDC dirixido a crianzas, co obxectivo de potenciar o seu contacto co medio natural a través de roteiros, obradoiros e xogos. Haberá dúas quendas no mes de xullo.
O Verán cultural na UDC: Descobre a natureza que che rodea está formado por ciclos de 10 días que se desenvolven en equipamentos urbanos con entornos naturais próximos. Diríxese á rapazada dos 4 aos 12 anos de idade co obxectivo de descubrir nesas idades a flora e fauna próxima, interactuar cos recursos naturais e facer obradoiros de sensibilización, reciclaxe, e roteiros, dinámicas e xogos para o respecto e a diversión ao ar libre.
A través da integración das diferentes actividades e a partir do contacto co medio natural, fomentarase a autonomía dos rapaces e rapazas, creando vínculos e estimulando as súas capacidades.As actividades adáptanse a cada grupo de idade e fanse subgrupos de acordo coas súas necesidades especiais.
A programación está composta por 3 bloques de actividades que se desenvolven cada día.
A Coruña, Campus de Elviña
1ª quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días) > (de 8:30 a 15:00 h.)
2º quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días):(de 8:30 a 15:00 h.)
Horario:
As prazas son limitadas.Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de matrículas.Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal