ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Second Meeting Proxecto Linving Rivers

Do 15-05-2019 ao 16-05-2019

Second Meeting Proxecto Linving Rivers

O concepto do proxecto de Living Rivers baséase en proporcionar respostas sociais e pedagóxicas, a través da produción de coñecemento científico por parte de estudantes de primaria e secundaria, mediante metodoloxías de investigación validadas. As ferramentas dixitais serán tamén producidas e postas a disposición do público, engadindo valor ao proxecto nunha perspectiva de ciencia cidadá.
Este proxecto ten alta relevancia científico-pedagóxica, así como unha alta importancia social e cultural, nestes tempos, os ríos son uns ecosistemas máis degradados do noso planeta.
Neste proxecto participan Portugal, Galiza, Rumanía e Turquía como socios beneficiarios.
Para o desnevolvemento das xionadas contamos coa colaboración da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal