ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Se vives en Compostela, solicita o teu...

Do 25-04-2019 ao 25-05-2019

Se vives en Compostela, solicita o teu composteiro!

O pasado xoves 11 de abril, ADEGA entregou máis de 20 composteiros no Centro Social da Gracia, na parroquia de San Caetano en Santiago de Compostela. Con estes xa son máis de 140 composteiros entregados nos últimos dous anos, en colaboración co concello de Santiago, e máis de 700 en total.

As persoas interesadas pódense inscribir no Programa de Compostaxe Caseira compostelán de forma voluntaria co obxectivos de xestionar mellor os seus residuos orgánicos e transformalos en compost.

O programa de compostaxe caseira consiste ademais da entrega dun composteiro e dun manual, no seguimento do proceso. Comezase cunha pequena charla na que se explican cousas básicas sobre a compostaxe e a xestión de residuos, e despois, ao longo de 7 meses, ADEGA realiza 3 visitas casa por casa para observar o proceso e sobre todo resolver dúbidas. Ao finalizar este periodo as persoas xa conseguiron o seu primeiro compost e xa adquiriron o hábito de separar os residuos.

Todos os residuos orgánicos son xestionados na casa, como sempre se fixo. Ademais as enquisas de valoración que se fan na terceira visita indícanos que as persoas séntense orgullosas en colaborar coa conservación do medio ambiente evitando tirar lixo, nun alto porcentaxe separan tamén o resto das fraccións, manifestan que é máis cómodo que o contedor municipal. Ademais, obteñen un compost de alta calidade que mesmo se permite na agricultura ecolóxica, ao ser tan boa a separación a presenza de metais pesados é mínima.

Solicita o teu composteiro!

Aínda quedan composteiros dispoñibles para as parroquias de Villestro, Figueiras, Laraño, Sabugueira e San Caetano.

Preme nesta ligazón para solicitar o teu composteiro http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/tramites/tramite.php?id_t=169&txt=xestions&c=29&id=&lg=gal

Mais info: María R. Lafuente, teléfono 628378804, compostaxe@adega.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal