ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / XXIX Curso de Formación do Proxecto...

27-04-2019

XXIX Curso de Formación do Proxecto Ríos

Durante as campañas de inspección de ríos o Proxecto Ríos desenvolve cursos de formación para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río. Os cursos de formación realízanse na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con en Vilagarcía de Arousa.
Ademais, trátanse outros aspectos de interese sobre os ríos. Esta primavera de 2019 a temática é coñecer os peixes que viven nos nosos ríosl.Realizarase unha actividade de pesca eléctrica para poder identificar mellor estes animais.
Coñeceremos tamén diferentes proxectos europeos que están en marcha nos que colabora o Proxecto Ríos.

O Programa provisional é:
11.00 Chegada e entrega de material
11.15 Estado do Proxecto Ríos
11.30  Presentación dos proxectos:
      -LIFE INVASAQUA  
      -DiadES
      -LivingRivers
13.30  Xantar
14.00 Saída ao río:
        -Pesca eléctrica
        -Recoñecemento de macroinvertebrados
19.00 Clausura do curso
Se estás interesado/a en participar, anótate!
Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038

e-mail: ramses@adega.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal