ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Oferta posto de traballo de ADEGA en Lugo

Do 18-03-2019 ao 25-03-2019

Oferta posto de traballo de ADEGA en Lugo

CONVOCATORIA DE POSTO DE TRABALLO PARA ADEGA-LUGO  

-Tipo de contrato: media xornada, 25 horas semanais. Por 1 ano, prorrogable.
-Data límite para presentar currículos: luns, 25 de marzo, ás 14.00 horas. 

Buscamos unha persoa comprometida coa defensa ambiental do país e con habilidades diversas e/ou experiencia para desenvolver as seguintes tarefas:  

  • Organización e coordinación de actividades de divulgación e formación ambiental.
  • Elaboración de escritos de denuncia, solicitudes información e outros documentos para presentar ante a Administración.
  • Solicitude de axudas públicas. -Elaboración de comunicados de prensa.
  • Atención ao público e bo trato cos socios e socias.
  • Xestión interna da organización da delegación.  

A maiores, valorarase que a persoa candidata teña formación ou coñecementos en cuestións de carácter ambiental e dispoñibilidade para asistir a xuntanzas fóra de horario de oficina.  

Terán preferencia no proceso de selección de candidatos/as as persoas socias de ADEGA.
O idioma vehicular de ADEGA é o galego.

Como te podes candidatar

A presentación de currículos poderase facer por email (enviando a adegalugo@adega.gal) ou presencialmente no local de ADEGA- Lugo en Ronda Fontiñas, 180 Entrechán, Lugo.  

A data límite para a presentación de currículos será o vindeiro luns, 25 de marzo, ás 14:00 horas.  

Tras unha primeira selección de candidaturas por méritos ou currículo, realizarase unha entrevista persoal  aos candidatos/as para escoller finalmente a a persoa que desempeñará o posto de traballo.  

É importante que os datos de contacto das persoas candidatas sexan facilitados para poderen ser contactadas por ADEGA.  

Grazas pola vosa atención.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal