ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Exposición sobre as EEI no Campus de...

Do 06-03-2019 ao 15-03-2019

Exposición sobre as EEI no Campus de Ferrol da UDC

Até o día 15 de marzo estará no Salón de Actos do Campus de Ferrol da UDC a exposición sobre especies exóticas invasoras "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA".

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das especies exóticas invasoras. Que son? Cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns e algunas cuestión que podemos facer para atallar este problema.

A introducción de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario. ADEGA ten realizado nos últimos anos numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos.

A exposición realizada por ADEGA contou co finaciamento da Dirección xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia ao abeiro do convenio entre estas duas entidades. Realizarase unha actividade arredor da exposición das EEI organizada pola OMA (Oficina de Medio Ambiente) e Green Campus da UDC.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal