ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Xornada de Eliminación de EEI en...

02-02-2019

Xornada de Eliminación de EEI en Razo-Baldaio

O sábado 02 de febreiro de 2019, Día Mundial dos Humidais, desenvolverase unha acción de voluntariado ambiental de loita contra as especies exóticas invasoras. Desta volta estaremos no ZEC de Razo-Baldaio. Convocamos ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Carballo cun elevado valor ambiental.
A actividade será nas praias de Razo e Baldaio e na contorna da lagoa de Baldaio e actuarase sobre varias especies de flora invasora.
O programa provisional é:
10:30 Introdución á problemática ambiental das especies exóticas invasoras
11:00 Traballos de eliminación de flora exótica
15:00 Xantar
16:00 Roteiro e observación de aves por Baldaio
O voluntariado contará cun seguro de accidentes e terá os gastos cubertos.
A actividade é gratuíta mais é preciso inscribirse:
981 57 00 99 / 619 672 038
pacobanhobre@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal