ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de voluntariado no Monte da Fraga:...

25-10-2018

Xornada de voluntariado no Monte da Fraga: Especies Exóticas Invasoras (EEI)

A terceira xornada do Programa de Plantas Exóticas Invasoras da OMA (UDC) será este xoves día 25.
Consistirá nunha xornada de voluntariado no Monte da Fraga para coñecer o estado desta problemática facendo un mapeado das principais EEI que se atopan no Monte.

Será a cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA.

O PROGRAMA será o seguinte:

15:30: A problemática das EEI
16:00
: Mapeado das EEI no Monte da Fraga
17:30
: Fin da actividade

Punto de encontro: na entrada da facultade de ciencias (campus da Zapateira).

A asistencia é libre pero con límite de prazas, impriscindible inscribirse en oma2@udc.gal (indicando nome e apelidos, NIF e actividade na que te inscribes).

ESPERÁMOSTE!!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal