ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Descuberta de Biodiversidade polo Sobreiral do...

27-10-2018

Descuberta de Biodiversidade polo Sobreiral do Arnego

Continuamos coas actividades do proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad. Desenvolverase o día 27 de outubro unha descuberta de biodiversidade polo sobreiral. O bioblitz estará centrado na identidicaicón de fauna e rastros que vaiamos atopando no percurso. Acompañarannos Cosme Damián Romay do GN Hábitat e investigador da UDC.
Esta actividade está aberta a toda a cidadanía interesada e é gratuíta, mais é preciso inscribirse.
A organización asumirá os gastos de manutención dos/das participantes.
Máis info e inscricións:
Ramsés Pérez
e-mail:
ramses@adega.gal
981 57 00 99 / 616 238 050
Horario da actividade: 10:30 a 18:00h
Área de Lecer de Carmoega

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal