ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Limpeza de praias no Día Mundial dos...

08-06-2018

Limpeza de praias no Día Mundial dos Océanos

O venres 8 de xuño, co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, a Oficina de Medio Ambiente (OMA), ADEGA e a asociación Mar de Fábula organizamos unha limpeza simultánea de praias que se desenvolverá na Praia de Bastiagueiro (Oleiros) e na Praia de Caranza (Ferrol) cuxos campus universitarios están integrados no proxecto europeo Green Campus, e na praia de Bens na Coruña.  

O obxectivo desta xornada é concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña, que se adopten actitudes que contribúan á diminución do uso dos plásticos e, sobre todo a evitar que estes cheguen ao medio mariño. Cada ano millóns de toneladas de residuos (entre 8 e 10M, principalmente plásticos) rematan nos océanos. A presenza de refugallos no mar estase a converter nun mal endémico, que transcende do seu efecto prexudicial sobre as especies mariñas, para se converter nun problema que afecta á saúde pública e á economía.  

Ante a proximidade da festividade do San Xoán gostarianos lembrarvos que celebredes esta festa sen estragar o medio natural, evitade os plásticos e vaixela dun só uso e sobre todo, que non rematen no mar!!

Perseguindo a sensibilización medioambiental da sociedade, convidamos a unirvos a esta limpeza de praias. 
Se estades interesadas/os nesta actividade é preciso inscribirse no seguinte correo:

oma2@udc.es co voso NOME+DNI Indicade tamén en que praia queres participar!!

Nota: Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 1C por cada 10 h de participación en actividades da OMA.   

PRAIAS:

  • Caranza (Ferrol). Coordena Campus de Ferrol/ ADEGA.    
  • Bastiagueiro (Oleiros). Coordena Campus de Oleiros /ADEGA 
  • Bens (A Coruña). Coordena Mar de Fábula.
Máis info: 
Web de Mar de Fábula
Web da OMA

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal