ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Rehabilitación de valados tradicionais

25-02-2018 / 25 de Febreiro de 2018

Rehabilitación de valados tradicionais

ADEGA ven de recibir unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego.
Os Sobreirais do Río Arnego constitúen un espazo natural que está incluído dentro da proposta da Rede Natura 2000. Este espazo conta cunha superficie de 1.537 ha e localízase nos termos municipais de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra.
Un dos elementos presentes no sobreiral son os valados que dividen as fincas. Polo abandono do medio rural e das prácticas agrogandeiras, estes valados están en moitos casos caendo. Os valados tradicionais cumpren ademais un destacado papel biolóxico xa que favorecen o asentamento de diferentes especies, tanto de flora como de fauna, que atopan refuxio e alimento entre as pedras que conforma a estrutura do valado.
Esta actividade é gratuíta mais é preciso inscribirse.
A organización asumirá os gastos de manuntención dos/das participantes.
Máis info e inscricións:
Ramsés Pérez
981 57 00 99 / 616 238 050
ramses@adega.gal

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal