ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Descuberta de Biodiversidade Sobreiral do Arnego

24-02-2018 / 24 de febreiro de 2018

Descuberta de Biodiversidade Sobreiral do Arnego

ADEGA ven de recibir unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego. ADEGA ten un acordo  de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016. As accións desenvolveranse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego.

Os Sobreirais do Río Arnego constitúen un espazo natural que está incluído dentro da proposta da Rede Natura 2000. Este espazo conta cunha superficie de 1.537 ha e localízase nos termos municipais de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra.

Iniciamos o inventariado de biodiversidade da zona cun Bioblitz adicado á fauna.
É unha actividade gratuíta, mais é preciso inscribirse.
A organización asumirá os gastos de manutención dos/das participantes
Máis info e inscricións:
Ramsés Pérez:
981 57 00 99/616 238 050
ramses@adega.gal

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal