ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Roteirríos 2017 polo río...

Do 28-10-2017 ao 24-10-2017

Roteirríos 2017 polo río Návea (Chandrexa de Queixa)

O próximo Roteirríos terá lugar o sábado 28 de outubro. Desta volta iremos coñecer unha das Reservas Naturais Fluvias da provincia de Ourense. Será no Río Navea no Macizo Central en Chandrexa de Queixa. Trátase dunha zona de alta montaña coas caractersíticas salvaxes e elevado valor paisaxístico que posúen estes ríos e cunha presión antrópica case inexistente.

Pódese ver máis información sobre este espazo nesta LIGAZÓN

As prazas para participar neste roteiro son limitadas e é preciso inscribirse!

Inscricións e máis información: ramses@adega.gal Telf/Fax: 981 57 00 99.
Móbil: 619 672 038 / 616 238 050
Podes descarregar o cartaz AQUÍ

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal