ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXVI Xornada de Formación do Proxecto...

30-09-2017 / 30 de setembro de 2017

XXVI Xornada de Formación do Proxecto Ríos

Será, como en ocasións anteriores na EHEC en Vilagarcía de Arousa. Estes cursos están destinados aos grupos de participantes do Proxecto Ríos e neles afondamos en cuestións relacionadas cos nosos ecosistemas fluviais. A actividade central é a recollida e identificación de macro invertebrados, mais tratamos outras temáticas que teñen que ver coa diversidade que alberga os nosos ríos. A temática será a perda de biodiversidade nos ríos que teñen eucaliptais no bosque de ribeira, cunha conferencia de Adolfo Cordero da UVigo. Podedes anotarvos enviando un mail a: ramses@adega.gal Podes descarregar o cartaz da xornada: XXVI_Curso_Formacion_Outono_2017.pdf

Programa das XXVI Xornadas de Formación:

11.00 Chegada e entrega de material.
11.15 Estado do Proxecto Ríos.
11.30 Impacto da silvicultura intensiva nos regos. Adolfo Cordero. UdVigo
14.00 Xantar.
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
19.00 Clausura do curso.
O curso é gratuíto.
O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico: ramses@adega.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal