ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Exposición sobre as EEI no IES de...

Do 18-02-2019 ao 06-03-2019

Exposición sobre as EEI no IES de Brión

Até o día 6 de marzo estará no IES de Brión a exposición sobre especies exóticas invasoras "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA".

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das especies exóticas invasoras. Que son? Cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns e algunas cuestión que podemos facer para atallar este problema.

A introducción de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario. ADEGA ten realizado nos últimos anos numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos.

A exposición realizada por ADEGA contou co finaciamento da Dirección xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia ao abeiro do convenio entre estas duas entidades. O día 19 de febreiro realizarase unha actividade relacionada coa problemática das invasoras co alumnado do IES.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal