ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / V Encontro Solar na UDC

27-04-2017

V Encontro Solar na UDC

O próximo 27 de abril terá lugar o V Encontro Solar da UDC no aparcamento do edificio Xoana Capdevielle, promovido pola Oficina de Medio Ambiente e organizado por ADEGA e o CIFP Someso, xuntarémonos para cociñar e facer unha degustación de comida solar. Paralelamente teremos unha exposición de diferentes aparellos solares e visitas a instalacións de enerxía renovable na UDC.

O ano pasado reuníronse máis 70 cociñas solares e fixemos 50 receitas diferentes. Este ano conseguiremos máis? A actividade estivo amenizada cun DJ Solar!!  

Que non tes forno solar? No apartado de bioconstrución da web do CIFP Someso, ou na revista CERNA, tes á túa disposición as instrucións para a súa construción. O custo aproximado deste tipo de forno é duns 3 a 5 euros se te fas con materiais recuperados e os reciclas. Unha vez teñas o material, xúntate con uns amigos e en tres horas podedes ter o forno listo.

Nós xa fixemos os nosos o pasado 28 de marzo, así que anímate a facer o teu! Tes as fotos aquí http://www.adega.gal/media/documentos/41-42.pdf

O V Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.

O PROGRAMA COMPLETO da xornada será o seguinte:

10:00h  Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares*.
11:30h  Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
12:30h  Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC guiada por  J.M. Giz, Técnico Superior de mantementos da UDC. Punto de encontro: mesa da OMA* situada no Encontro Solar.
14:00h  Xantar colectivo e degustación de comida solar*.
16:30h  Recollemos

Durante toda a xornada
:
-Exposición de aparellos solares, achegados polo CIFP Someso e ADEGA, e polas demais persoas e entidades participantes*.
-Exposición itinerante "A Enerxía Solar", de ADEGA.
-Mesa de experimentación e aprendizaxe de enerxía solar.
* Para participar na montaxe e exposición dos fornos, no xantar, e na visita, é necesario anotarse a través deste formulario

Para a celebración do Encontro Solar necesitaremos que o SOL estea con nós, polo que, en función da previsión meteorolóxica, poderá ter que adiarse a xornada. Nese caso, anunciarase no Blog e Facebook da OMA o luns ou martes anterior. Estade pendentes...!

Data e hora: 27 de abril de 2017, de 10:00 a 16:30. Lugar: aparcamento do edificio Xoana Capdevielle da UDC. Inscricións: Neste formulario

Toda a información oficial sobre posibles adiamentos dos evento, faranse por este blog da OMA, e as súas redes sociais, Facebook e Twitter.  Podes atopar máis información no apartado de Bioconstrución da páxina web do CIFP de Someso: http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/93

Instrucións para a construción dun forno solar: Web do CIFP de Someso: http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770
Revista CERNA: http://www.adega.gal/media/documentos/41-42.pdf

Álbum fotográfico do III Encontro Solar (2015) na seguinte ligazón:
Fotos 2015: https://picasaweb.google.com/105713614573572913754/IIIEncontroSolar2015?feat=directlink
Fotos 2016: https://get.google.com/albumarchive/105713614573572913754/album/AF1QipM9vhSQ0RHGg1ChMLs9V0Bf8UHg_B0m-jzXo-Js
https://www.facebook.com/118001034938740/photos/a.1055285094543658.1073741860.118001034938740/1055286181210216/?type=3&theater
Timelapse aquí

Enlaces reportaxes da TV
Reportaxe da TVG
Reportaxe de A3

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal