ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Axuda a conservar un espazo en custodia: Pozos de...

24-04-2016

Axuda a conservar un espazo en custodia: Pozos de Castieixas

Dentro da campaña estatal "Tecendo redes" para promover a custodia do territorio, ADEGA organiza unha xornada para o mantemento dunhas charcas e pozos de rega nunha das fincas custodiadas na montaña ourensá.

En 2008 ADEGA subscribíu un acordo para custodiar a finca “Castieixas”, duns 15.000 m2 no concello de Montederramo (Ourense). Dende entón o espazo foi obxeto de varias intervencións de mellora dos hábitats húmidos e das poboacións de anfibios, encadradas en diversas xornadas de voluntariado ambiental dentro do programa “Charcas con Vida” de ADEGA; que contou con apoio da obra social de Caixa Catalunya, a Fundación Biodiversidade e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza.

A finca custodiada alberga prados “de dente e sega”, unha carballeira, así coma un conxunto de pozos y canles de rego en distintos estados de conservación. Algunhas das actividades realizadas en pasadas intervencións consistiron na recollida de información sobre o uso destas construccións tradicionais, o seguimento da fauna ea flora que as habita, así como tarefas de restauración e mantemento dos pozos abandonados e a construción de novas charcas.

Esta actividade forma parte do proxecto "Tecendo redes para a custodia do territorio en España", unha iniciativa da Xarxa de custodia del territori, e a obra social "La Caixa".

Programa e descrición desta nova actuación

Día: 24 de abril de 2016
Horario: 10:30 a 18:30h.
Punto de encontro
: Alto do Rodicio (Maceda, Ourense), as 10:30h
Número máximo de participantes
: 50 persoas.
Observacións
: recomendase levar roupa e calzado cómodo.

A actividade levará o día enteiro en quendas de mañá e tarde, e contará co asesoramento e o seguimento por persoal de ADEGA especializado na xestión de hábitats húmidos e de anfibios.

Prestarase especial atención o cumprimento estricto dos protocolos de xestión e medidas de bioseguridade durante os traballos para evitala contaminación ou transmisión de enfermidades aos exemplares de anfibios, que, eventualmente, se poidan manipular. O voluntariado recibirá formación previa in situ sobre os obxectivos da xornada e a realización dos traballos a cargo de persoal de ADEGA, e estará cuberto por un seguro de responsabilidade civil.

Os traballos precisos para a adecuación das charcas, regos e pozos realizaranse meirante métodos manuais (sachos, palas, barreños e elementos similares) cos voluntarios/as dispostos/as en grupos de 3-5 persoas que actuarán coordinadamente en cada un dos puntos de interese.

INSCRICIÓNS E CONTACTO:

981570099: adega@adega.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal