ADEGA

Inicio / Buscador / 18 de abril: Día de Acción Global...

18-04-2015

18 de abril: Día de Acción Global contra o TTIP

Día de Acción Global contra o TTIP: mobilización en Vigo

Convoca: NON AO TTIP.
Contacto: nonaottip@gmail.com
Percorrido: dende o cruce da rúa do Príncipe con Colón, descenderá por esta, pasará por Policarpo Sanz e rematará na Porta do Sol.

MANIFESTO: "As Persoas e o Planeta antes que o Capital"

Chamamento de acción acción global para deter os Tratados de libre comercio e investimentos

Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, campesiñas e campesiños, xuventude, mulleres e homes activistas de movementos da Galiza xunto con outras de todas as partes do mundo, chamamos a un Día de acción global a realizarse o 18 de abril do 2015 co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos e promover unha economía que funcione para cada unha das persoas, e para o medio ambiente.

Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e de investimentos ás costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente.

Ao longo das últimas décadas, vimos loitando pola soberanía alimentaria, polos nosos bens comúns, pola xestión dos nosos recursos, pola defensa dos nosos empregos, os nosos territorios, as liberdades en internet, mentres esixiamos democracia. No camiño, crecemos como movemento, logramos que escoiten as nosas voces e logramos moitas vitorias.

Entre todas podemos parar os acordos que se están negociando ás nosas costas e traballar para revertir os impactos nocivos dos tratados pasados. Xuntas impulsamos as nosas alternativas que se fundamentan na primacía dos dereitos humanos e na defensa do Medio Ambiente por encima dos privilexios e beneficios das grandes empresas.

Facemos un chamamento á cidadanía viguesa e a todas as organizacións presentes na cidade a que se mobilicen o 18 de abril contra este tipo de tratados de libre comercio que pretenden facer máis efectivo o trasvase de riqueza cara as elites. Sumámonos cunha concentración en Vigo (cruce da rúa do Príncipe con Colón),ás 20h á diversidade de tácticas e accións solidarias que se preparan a redor de todo o planeta para contribuir a informar buscando a participación e mobilización da xente, rumbo a un novo modelo económico e de comercio que funcione para o beneficio de todas as persoas e o planeta, agora e no futuro."

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal