ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Alegacións ao parque eólico...

Do 19-07-2025 ao 01-08-2025

Alegacións ao parque eólico Muracais na Fonsagrada

O parque eólico Muracais é un novo parque que está agora mesmo en fase de exposición pública tras a súa publicación no BOE o pasado 10 de xuño de 2025, e que se situaría nos concellos de Castroverde, Baleira e A Fonsagrada. Constaría dun total de 13 aeroxeradores que atravesarían varios núcleos: A Pobra de Burón, Carracedo, Xestoso de Riba, A Fonsagrada, Xestoso de Baxo, Lidín, Candaído, Queixoiro, Tronceda, Barbeitos, Silvela e Vilarmeán. Ademais, a súa liña de alta tensión pasaría polo Piñeiral, Vilardongo, Pedrafitelas, Pedrouzos, Cerredo, Chaín e Paradavella. Afecataría o río Rodil (ZEC Río Eo) e Camiño Primitivo. ADEGA puxo en coñecemento do ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios) a ameaza que supón este proxecto eólico para este ben patrimonial. 

Alega ao proxecto

Nesta fase de exposición pública, é fundamental presentar alegacións ao proxecto. ADEGA-Lugo pon a disposición:

  1. Un modelo de alegación, que pode editarse e adaptarse ao caso particular de cada quen se se desexa. Cumprirá cubrir os datos persoais, asinalas e rexistralas. 
  2. Un documento de persoamento para aquelas persoas cuxos intereses lexítimos, individuais ou colectivos, poidan resultar afectados pola resolución favorable deste proxecto eólico. Coa presentación deste documento, a persoa demanda coñecer e ser informada do estado da tramitación do procedemento.
IMPORTANTE: o prazo límite para rexistrar as alegacións é o próximo venres, 1 de agosto de 2025. 
No Concello da Fonsagrada tamén están dispoñibles. 

Para calquera dúbida, podes contactar con ADEGA-Lugo no 982240299 ou en adegalugo@adega.gal.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal