ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Enquisa | Que sabes dos ríos?

Do 27-06-2025 ao 31-07-2025

Enquisa | Que sabes dos ríos?

Axúdanos a entender mellor a relación que teñen as persoas cos ecosistemas fluviais a través dunha breve enquisa. Queremos coñecer que sabe e como percibe a cidadanía os servizos que nos ofrecen os ríos e os seus ecosistemas. Por iso, esta enquisa axudaranos a comprender mellor a relación da comunidade con estes espazos naturais e a impulsar accións para a súa protección e uso responsable.

Data límite para completala: 31 de xullo
📝 Axúdasnos? Só necesitarás 5 minutos! 
https://forms.gle/2rRbyLabYfKMLVkLA

Proxecto Fluviatilis

Esta acción desenvólvese no marco do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA canda a outras catro organizacións conservacionistas do Estado, e que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais. 

Fluviatilis conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal