ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Plantación de árbores...

27-05-2024

Plantación de árbores autóctonas no Sobreiral do Arnego

ADEGA, no marco do Proxecto Fluviatilis, realizará canda ao alumnado do CEIP Xaquin Loriga de Lalín una actividade divulgativa no Sobreiral do Arnego, espazo custodiado por ADEGA. A xornada, que terá lugar o próximo luns 27 de maio, consiste nun roteiro pola zona para divulgar os seus valores naturais e unha posterior plantación de árbores autóctonas.

Proxecto Fluviatilis

As actividades, tanto de xestión e control de EEI como de educación, sensibilización e voluntariado ambiental, dirixidas a diferentes públicos son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal