ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Campo de voluntariado no Río Tea

Do 28-06-2024 ao 30-06-2024

Campo de voluntariado no Río Tea

ADEGA convoca unha nova actividade de voluntariado para a eliminación de especies exóticas invasoras no río Tea, ao seu paso polo concello de Mondariz. Esta xornada terá lugar a fin de semana do 28, 29 e 30 de xuño, e para inscribirse nela é necesario cubrir ESTE FORMULARIO ou escribir un correo electrónico a maria.amigo@adega.gal.

Alí continuaremos cos traballos de eliminación das especies Acacia dealbata, Acacia melanoxylon, Phyllostachys spp., Phytolacca Americana, Robinia pseudoacacia e Crocosmia x crocosmiiflora nunha zona de alto valor ecolóxico. A actividade tamén estará dirixida á selección de metodoloxías de eliminación de EEI adecuadas que permitan abordar con éxito as futuras actuacións de restauración dos ríos e a implantación de solucións baseadas na natureza.

O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (no Albergue Alentea) e manutención, contará con seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada.

Programa

A actividade de voluntariado terá o seguinte programa e contidos:

VENRES 28 DE XUÑO
18:00h Recepción do voluntariado no Albergue Alentea
19:00h Formación sobre a problemática das especies invasoras Xestión ambiental das EEI en espazos fluviais: liñas de actuación e mecanismos de control
21:00h Cea
22:00h Tempo de ocio

SÁBADO 29 DE XUÑO
9.00h Almorzo
10.30-13.30h Traballos de eliminación
14.00- 15.30h Xantar de campo e descanso
15.30-18.00h Continuación dos traballos de eliminación e regreso ao albergue
21.00h Cea
22.00h Tempo de ocio

DOMINGO 30 DE XUÑO
10.00h Almorzo
11.00 Posta en común e avaliación dos traballos realizados
14.00h Xantar de campo
15.00h Ruta polo río Alén
18.00h Despedida e clausura do campo de voluntariado

Proxecto Fluviatilis

As actividades, tanto de xestión e control de EEI como de educación, sensibilización e voluntariado ambiental, dirixidas a diferentes públicos son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal