ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro "As montañas: paisaxe sagrada...

02-06-2024

Roteiro "As montañas: paisaxe sagrada e humanizada"

O castro de San Cibrao de Las, a 450 metros de altitude, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, a 18 km de Ourense em Santo Amaro na zona do Ribeiro, é un dos castros galaicos en proceso de escavación de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia, e un dos catro piares da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Do resultado dos estudos arqueolóxicos pódese definir un período de ocupación continuada desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías.

A Cidade é o nome tradicional entre as xentes dos arredores. Os nomes de Lambrica, Lanobriga e Lansbrica proceden de diversas lecturas que foron feitas sobre unha ara romana dedicada ao deus galaico Bandua, existente nunha casa particular na veciña parroquia de Eiras. Polo seu tamaño pode ser comparado co de Santa Trega e coas citanias do norte de Portugal, poboamentos galaicos ou galaico-romanos da cultura castrexa que se caracterizan polo seu avanzado estado de romanización e as súas grandes dimensións. Entre os expoñentes máis significativos pódense citar a citania de Briteiros, o castro de Mozinho e o de Sanfíns. O estudo deste castro comezou cunha primeira visita ás ruínas por parte de Florentino López Cuevillas e Vicente Risco no ano 1921. A impresión extraída do observado nesta visita levounos a solicitar os correspondentes permisos para realizar unha escavación oficial. Estes permisos foron outorgados ao ano seguinte( Fonte Wikipedia).

No castro existe un museo bastante ben dotado con restos arqueolóxicos topados no Castro. Infelizmente algunha das pezas mais importantes foron levadas para o museo de Ourense.

Podese ver no video deste enlace: https://www.farodevigo.es/ourense/2022/05/11/ciudad-galaica-habia-visto-65971065.html

Contaremos coa compaña de André Pena Graña doutor en arqueoloxia. Que nos explicará a importancia desta montaña viva habitada polas nosas ancestrais. A seguir iremos comer nas viñas de Beade. Un paseo guiado por Eladio Rodriguez, polas viñas despois do almorzo contemplando O vale do Avia e do Miño a seu encontro en Ribadavia. Tamém os socalcos do Ribeiro, o xabre que é a matriz dos viñedos e os cómaros arborizados que prestan os servizos ecositémicos as viñas coa masa diversa arborada. Socalcos, muros de pedra seca, escadas de granito compoñen un ecosistema de conxunción entre o ser humano e a natureza. Acabaremos na Carreira, espazo entre o calvario e a Igrexia da Encomenda de Beade, de orixe románica mais na actualidade apenas conserva algúns restos desta época, sendo a maioria do monumento do sec. XVI coa magnífica torre barroca.

O Relevo Galego está condicionado polo movemento dos blocos xa consolidados, na sua maioria graníticos, procedentes do choque entre Laurasia e Godwana para dar o super-continente Pangea e posterior fragmentación deste. Como consecuencia dos sucesivos choques das placas tectónicas terrestres. O Vale do Ribeiro de Avia e do Miño son tamém o resultado deses movementos tectónicos combinados co proceso erosivo de escavar seu caule de todos os rios.



O programa de roteiros "As montañas, gardiás da nosa historia"

O programa de roteiros "As montañas, gardiás da nosa historia"Os Roteiros de ADEGA-Lugo son andainas pola Natureza que organiza a delegación de Lugo da organización ecoloxista ADEGA desde hai máis de 20 anos e que están dirixidas á poboación de todas as idades, co obxectivo principal de achegar as persoas á súa contorna natural para que coñezan os valores naturais, patrimoniais e culturais que enriquecen e identifican o noso territorio.

O seguintes roteiros deste curso 2023/24 son:

  • 16 xuño: Muras-Viveiró

Reserva a túa praza!

Na propia bitácora de Roteiros de ADEGA-Lugo (http://roteirosadegalugo.wordpress.com) irase actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a reserva.

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 13h do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.

  • Prezo xeral: 22€
  • Socios/as de ADEGA: 15€
  • Estudantes ou en paro: 17€
  • ata 14 anos: 6€.
Para máis información, tamén se pode chamar ao teléfono 982 240299 ou escribir a adegalugo@adega.gal.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal