ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Inspección de primavera no Rego do Segade...

24-05-2024

Inspección de primavera no Rego do Segade (Lugo)

O vindeiro venres 24 de xuño a delegación de Lugo de ADEGA organiza unha nova saída do Proxecto Ríos, para facer o estudo da calidade ecolóxica do Rego do Segade. A actividade desenvolverase de 17-20h. 

A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados de forma gratuíta polo Proxecto Ríos. Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

A actividade está dirixida a persoas de todas as idades, conta con seguro de accidentes polo que é preciso inscribirse escribindo a adegalugo@adega.gal ou chamando ao 982240299.

Quedaremos ás 16.45h diante do local de ADEGA (Ronda das Fontiñas, 180) para coordinar coches para chegar ao lugar. Tamén podes saír directamente ao punto de encontro perto do río (ver ligazón máis abaixo). 

Anímate a participar!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal