ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / CANCELADO_Campo de voluntariado ambiental no...

Do 05-04-2024 ao 07-04-2024

CANCELADO_Campo de voluntariado ambiental no Río Tea

Actualización: actividade CANCELADA polas condicións meteorolóxicas adversas. 


ADEGA convoca unha nova actividade de voluntariado para a eliminación de especies exóticas invasoras no río Tea, ao seu paso polo concello de Mondariz. Este evento terá lugar a fin de semana do 5, 6 e 7 de abril.

Durante estas xornadas continuarase cos traballos de eliminación das especies Acacia dealbata, Acacia melanoxylon, Phyllostachys spp., Phytolacca Americana, Robinia pseudoacacia e Crocosmia x crocosmiiflora nunha zona de alto valor ecolóxico.

A actividade tamén estará dirixida á selección de metodoloxías de eliminación de EEI adecuadas que permitan abordar con éxito as futuras actuacións de restauración dos ríos e a implantación de solucións baseadas na natureza.

O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea) e manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada.

Programa

A actividade de voluntariado terá o seguinte programa e contidos:

Venres 5 de abril
18:00 h Recepción do voluntariado no Albergue de Alentea
19:00 h Formación sobre a problemática das especies invasoras Xestión ambiental das EEI en zonas fluviais: liñas de actuación e mecanismos de control
9:00 h Cea
22:00 h Tempo de lecer

Sábado 6 de abril
9.00 h Almorzo
10:30-13:30 h Traballos de eliminación
14:00 - 15:30 h Xantar de campo e descanso
15:30-18:00 h Continuación dos traballos de retirada e regreso ao albergue
9:00 h Cea
22:00 h Tempo de lecer

Domingo 7 de abril
10:00 h Almorzo
11.00 h Posta en común e avaliación do traballo realizado
14:00 h Xantar de campo
15:00 h Roteiro polo río Alén
18:00 h Despedida e peche do campamento de voluntariado

Inscríbete!

Preme aquí para acceder ao formulario de inscrición. Lembra que as prazas son limitadas! (contacto de referencia para calquera dúbida: maria.amigo@adega.gal).

Proxecto Fluviatilis

As actividades, tanto de xestión e control das EEI como de educación, sensibilización e voluntariado ambiental dirixidas a distintos públicos son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal