ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Lotaría de Nadal de ADEGA

Do 15-11-2023 ao 22-12-2023

Lotaría de Nadal de ADEGA

Xa está á venda a Lotería de Nadal de ADEGA para o ano 2023. Este ano xogamos o Nº 94410.

Como noutras ocasións, as participacións son de 5 euros,  dos que 1 euro será doado á organización para contribuír ao desenvolvemento da súa actividade. Cada talonario contén 25 participacións.

Adquírea presencialmente en calquera das sedes ou locais de ADEGA, ou fai a túa solicitude de lotaría no teléfono 981570099 ou no correo xestion@adega.gal.

Para colaborar na venda de lotaría

Así mesmo, se queres contribuír con ADEGA na venda de participacións da Lotaría de Nadal, terás que acudir á sede principal ou aos locais de delegación de ADEGA para recoller os talonarios, tras previa chamada para efectuar a reserva. Tamén podes enviar un correo electrónico a xestion@adega.gal antes do 17 de novembro indicando cantos talonarios queres, e procuraremos a mellor forma de facerchos chegar. A data límite para dar conta da lotaría vendida será o 15 de decembro. De non informar en prazo, daremos por vendida a totalidade da lotería enviada.

Máis información: xestion@adega.gal, tfno 981570099.

Que haxa sorte!
Grazas por participar.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal