ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada de Restauración Ambiental no Couto...

27-05-2023

Xornada de Restauración Ambiental no Couto da Eirexiña

O proxecto de custodia do territorio Couto da Eirexiña organiza para o próximo sábado, 27 de maio, unha nova xornada de deseucaliptización en colaboración con Facendo Camiño. A actividade desenvolverase ao longo da mañá e ata media tarde, co seguinte programa:

09:45h. Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo.
10:00h. Inicio da actividade de deseucaliptización.
14:00h. Xantar vexetariano na área fluvial do río Almofrei.
16:00h. Roteiro interpretativo pola comunidade de montes.
18:00h. Fin da xornada.

Para inscribirse, cómpre cubrir o formulario que se atopa en coutodaeirexinha.gal. A actividade inclúe o seguro de responsabilidade civil e de accidentes e o xantar comunitario.

Anímate!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal