ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Bioblitz nos ríos Arnego e Tambre

27-05-2023

Bioblitz nos ríos Arnego e Tambre

O próximo sábado, 27 de maio, ADEGA organizará no Río Arnego e no Río Tambre un maratón de biodiversidade ou "Bioblitz". Esta iniciativa consiste en realizar un censo exhaustivo das especies de flora e fauna nun tempo reducido.

Trátase dunha actividade de Ciencia Cidadá e descubrimento da biodiversidade local na que o persoal de ADEGA que estuda distintos grupos de flora e fauna, coa colaboración da cidadanía que queira sumarse ao reto, intentará identificar o maior número de organismos vivos que habitan no río Arnego e Tambre. Este proxecto de investigación naturalista poderá desfrutarse durante o próximo 27 de maio, ás 10:30 horas.

Inscríbete

É unha actividade aberta a todas aquelas persoas que queiran participar, ben levando a cabo mostraxes pola súa conta ou integrándose en calquera das mostraxes guiadas. Para iso cómpre inscribirse neste correo (ramses@adega.gal) e, unha vez recibida a solicitude, informaremos máis polo miúdo sobre o punto de encontro e o desenvolvemento da actividade. Anímate!

Proxecto Fluviatilis

O Bioblitz que organiza ADEGA enmárcase no denominado Proxecto Fluviatilis, no que participan entidades de diferentes territorios que tamén convocaron maratóns simultáneas.

Esta iniciativa conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – Next Generation UE.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal