ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / 23A: Rodeamos a Xunta coa Coordinadora...

23-04-2023

23A: Rodeamos a Xunta coa Coordinadora "Eólica Así Non"

A Coordinadora "Eólica Así Non" da que fai parte ADEGA convoca para o domingo 23 de abril, unha nova mobilización masiva para esixir á Xunta que paralice inmediatamente todos os proxectos eólicos en tramitación e os os de inminente aprobación. O acto terá lugar en Santiago de Compostela, onde rodearemos o edificio da Xunta de San Caetano.

Baixo o lema "Rodeamos a Xunta" preténdese esixir con rotundidade ao goberno galego que evite danos irreparábeis para o país, denegando as autorizacións dos 77 macroproxectos eólicos que xa contan con declaración de impacto ambiental positiva e paralizando de xeito inmediato outros 150 proxectos eólicos en tramitación, en tanto non haxa unha nova planificación eólica, e non se restitúan os dereitos de participación pública e se amplíe a Rede Natura 2000.

A Xunta aínda está a tempo de evitar danos irreparábeis para o país! Paremos a desfeita antes de que sexa tarde.
Acode e rodea a Xunta con nós! Esixe os teus dereitos e defende o territorio!

Suxestións: trae a túa propia faixe e vén de branco ou caracterizado/a de eólico.

#rodeamosaxunta #mobilizacion23A #eolicaasinon #temosalternativa


Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal