ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornadas "Temos Alternativa" de...

Do 04-02-2023 ao 05-02-2023

Xornadas "Temos Alternativa" de Eólica Así Non. Inscríbete!

A Coordinadora Eólica Así Non, da que fai parte ADEGA e máis de 200 colectivos, plataformas e outras entidades galegas críticas co actual modelo eólico, organizan as primeiras xornadas divulgativas e formativas “Temos Alternativa”, que terán lugar os días 4 e 5 de febreiro, no Pazo da Cultura de Pontevedra. As xornadas pretenden ser un encontro de toda a sociedade galega no que tecer un modelo enerxético alternativo ao espolio e especulación que rexe o actual modelo das macro-eléctricas, por terra e por mar, en conivencia coas administracións públicas. Este espazo de reflexión colectiva afondará nos principios fundamentais nos que Eólica Así Non asenta a súa proposta alternativa dunha “enerxía xusta e sustentábel, por e para o pobo”, que foron recollidos no Manifesto “Temos Alternativa” feito público o pasado 5 de xuño, polo Día Internacional do Medio Ambiente.

Inscrición previa

Para poder participar nas xornadas “Temos Alternativa”, organizadas para a Coordinadora Eólica Así Non para os días 4 e 5 de febreiro, é preciso inscribirse previamente a través do seguinte formulario online destinado a tal fin, ou chamando por teléfono ao 981570099, en horaio de mañá.

Todas as charlas e mesas redondas celebraranse no Pazo da Cultura da cidade do Lérez, espazo cedido polo concello de Pontevedra para tal finalidade.

As reservas para o xantar no Pazo da Cultura deberán formalizarse tamén a través do formulario de inscrición.

Formulario inscrición: https://forms.gle/e95SFUZfM7zqi1oU7

#eolicaasinon
#temosalternativa
#xornadastemosalternativa
#enerxiaxustaesustentabel
#enerxiaporeparaopobo

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal