ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Vídeo-Denuncia

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian o abandono e deterioro da Roda en Barreiros (Lugo).

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian o grave abandono e deterioro do xacemento arqueolóxico da Roda en Barreiros ( Lugo). O xacemento arqueolóxico está abandonado e as súas estruturas gravemente deterioradas debido ao crecemento da vexetación e ao desprendemento de pedras. As asociacións reclaman unha acción inmediata do Ministerio de Transportes e da Consellería de Cultura, administracións responsables da súa conservación. O xacemento, que foi escavado durante a construción da Autovía do Cantábrico en 2006, na actualidade atópase totalmente abandonado, malia as reiteradas promesas de conservación. ADEGA e Mariña Patrimonio instan ás autoridades a cumprir a lexislación de protección do patrimonio e emprender accións urxentes para preservar a Roda, dada a súa importancia arqueolóxica tanto a nivel galego coma estatal.

ADEGA con ALIENTE: Renovables Si, pero Non así

ADEGA apoia a manifestación convocada por ALIENTE para o sábado, 16 de outubro en Madrid, baixo o lema "Renovables Si, pero non Así". ADEGA pula pola preservación das montañas e o principio dos 3's da Enerxía: Soberana, Social e Sustentábel. Intervén Adela Figueroa, membro da Directiva de ADEGA.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal