ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Enerxía e cambio climático / Novas /

Novas

Formulario de busca
19/01/2023

O TSXG paralisa cautelarmente o terceiro parque de Greenalia recorrido por ADEGA e a PDCC

Non hai dous sen tres: o TSXG vén acordar por medio dun Auto con data 16 de decembro a paralización cautelar do parque eólico “Monte Toural”, tal como fixera co “Campelo” e o “Bustelo”, os tres de Greenalia.

+info

10/01/2023

Xornadas "Temos Alternativa" da Coordinadora Eólica Así Non, para a construción colectiva dun modelo enerxético alternativo

Terán lugar os días 4 e 5 de febreiro, en Pontevedra

As xornadas “Temos Alternativa” celebraranse os días 4 e 5 de febreiro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, e contarán con 30 palestras de especialistas no ámbito da enerxía e da autoxestión colectiva. Para participar, é preciso inscrición previ

+info

03/01/2023

2022: O ano da regresión ambiental e democrática polas macro-renovábeis

ADEGA fai unha valoración ambiental moi negativa de 2022 no ámbito galego e vaticina un 2023 moi duro na defensa do medio ambiente galego, tanto nas rúas como nos tribunais, fronte á invasión eólica de terra e de mar.

+info

19/12/2022

O TSXG exime a ADEGA do pago de caucións para as paralizacións cautelares de Campelo e Bustelo

O TSXG rectifica e exime a ADEGA e á PDCC de ter que depositar caución algunha para facer efectiva a suspensión cautelar dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia, ao tempo que ratifica a paralización cautelar dos mesmos.

+info

11/12/2022

Milleiros de persoas manifestáronse hoxe contra o espolio eólico das montañas galegas

Máis de 3000 persoas participaron nas 19 mobilizacións convocadas en diferentes localidades galegas pola coordinadora “Eólica Así Non”, con motivo do Día mundial das Montañas e contra o seu espolio pola invasión eólica.

+info

02/12/2022

A eólica mariña pretende ocupar áreas con hábitats protexidos vetadas á pesca de fondo

A recente protección pola CE de áreas mariñas fronte á pesca de fondo semella non valer para as eólicas. Os hábitats de fondos rochosos con corais fríos vetados á pesca poden ser ocupados cos instalacións e liñas de evacuación dos parques eólicos mariños.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal